SOLICITUDES
As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 21 de xuño de 2023, cumprimentando o modelo de solicitude. Aquelas persoas que xa a teñan solicitada deberán comprometerse a cumprir a normativa de aplicación.
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS
1.- Non está permitido facer as laradas en PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas, coas excepcións dos lugares habilitados e sinalados no plano achegado. No caso de propoñer outra situación estudarase a viabilidade da proposta.
2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito , que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.
3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50m Os responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.
4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas …). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas
5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, os responsables deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.
6.- Mediante estas normas o Concello pretende garantir a seguridade das persoas, facendo compatible a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos. En todo caso, o Concello aconsella prudencia.
As autorizacións outorgaras non eximirán en ningún caso das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.
Bando e planos espazos habilitados para lumiños S. Xoán