Mª Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a lei FAGO SABER:
Que a Orde do 29 de xullo da Consellería de Sanidade, publicada no DOG 144-bis, establece a aplicación no noso concello das medidas previstas para o nivel de restrición máxima, polo tanto:
–Persoas procedentes doutros territorios: obrigatoriedade de declaración segundo a procedencia (https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs).
-Limitación da permanencia de persoas ou grupos en espazos públicos ou privados: limítase a permanencia en grupos ata un máximo de 6 persoas en espazos pechados e 10 persoas en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes ou encontros exclusivamente entre persoas de dúas unidades familiares de convivencia diferente. Entre a 01:00 e as 06:00 exclusivamente persoas convivintes.
-Establecementos de hostalaría e restauración: interior ao 30%, acceso só con certificado, grupos máximo 6 persoas; exterior ao 50%, grupos máximo 10 persoas; non permitido o consumo en barra; horario de peche ao público as 23:00 h, coa opción de pechar ás 01:00 h. sempre que cumpran os requisitos do Plan de hostalaría segura (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura). Non se poden admitir novos clientes a partir das 00:00 h.
–Lecer nocturno: só servizo en terraza, para o consumo e servizo sentado na mesa, ao 50%, grupos máximo 10 persoas. Peche á 01:00h.
-Medidas de prevención específica aplicables na CAG:
-Obriga de cautela e protección, para todo os cidadáns.
-Persoas con síntomas: permanencia no domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario.
-Distancia de seguridade interpersoal, mínima de 1,5 mts entre non convivintes.
-Uso de máscara obrigatorio: en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, e en espazos abertos cando non resulte posible a distancia interpersoal.
-Recoméndase o uso de máscara no caso de reunións de persoas non convivintes, así como o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.
-Limitacións de capacidade e medidas de prevención específica por sectores (https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Máxima).
–Actividades prohibidas:
Acceso a parques, xardíns públicos e praias restrinxido entre as 00:00 h. e as 06:00 h.
Prohibido o consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e outros lugares de tránsito público.
Estas medidas terán efectos desde as 00:00 horas do día 31 de xullo, e serán obxecto de seguimento e avaliación continua, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.