M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei FAGO SABER
Que a Orde do 8 de xullo da Consellería de Sanidade, publicada no DOG 129-bis, de 8 de xullo, establece:
–Medidas de prevención en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios: obrigatoriedade de declaración segundo a procedencia (https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs).
-Recomendacións relativas á permanencia de grupos en espazos públicos ou privados: recoméndase que os grupos non superen as 6 persoas, como máximo, en espazos pechados, e as 15 persoas, como máximo en espazos abertos ou ao aire libre.
-Plan de hostalaría segura: a Consellería de Sanidade continuará desenvolvendo o plan (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura).
-Medidas de prevención específica aplicables na CAG:
- Obriga de cautela e protección, para todo os cidadáns.
- Persoas con síntomas: permanencia no domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario.
- Distancia de seguridade interpersoal, mínima de 1,5 mts entre non convivintes.
- Uso de máscara obrigatorio: en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, e en espazos abertos cando non resulte posible a distancia interpersoal. Deberá cubrir desde a parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.
- Recoméndase o uso de máscara no caso de reunións de persoas non convivintes, así como o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.
Limitacións de capacidade e medidas de prevención específica por sectores (https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa).
–Actividades prohibidas: consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e outros lugares de tránsito público. En particular, a partir das 00:00 horas ata as 06:00 horas, estará restrinxido o acceso aos seguintes lugares: parque e praia de San Francisco, praia de Godai e inmediacións, parque e praia do Castelo, Chalón, entorno do pavillón Xosé Lago, praia de Parameán.
Estas medidas terán efectos desde as 00:00 horas do día 10 de xullo, e serán obxecto de seguimento e avaliación continua, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Muros, 09 de xullo de 2021
A Alcaldesa
M. Inés Monteagudo Romero