Hoxe, 7 de xaneiro de 2025, cúmprense 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no exilio en Bos Aires. Castelao foi e segue sendo unha das figuras máis destacadas da historia de Galiza, exemplo de integridade, loita polos dereitos do noso pobo e compromiso cunha Galiza xusta e libre.
O Concello de Muros quere honrar a súa memoria e o seu legado, tanto no ámbito político como artístico, e fai un chamamento á veciñanza e ás entidades culturais a participar na programación ao redor da figura de Castelao que se levará a cabo neste ano 2025 para divulgar a súa obra e pensamento.