Mª Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa – presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei,
FAGO SABER
Que como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas, acórdase, dende o 13 de marzo:
– Suspender as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais… organizadas ou autorizadas polo Concello. Dende o sábado 14 de marzo estarán pechadas a piscina municipal, os pavillóns deportivos, os campos de fútbol, as bibliotecas, a escola de música, a aula de informática, os centros de interpretación e os demáis recintos nos que se presten este tipo de actividades.
– Suspender os mercadiños dos luns, martes e venres en todo o Concello.
– A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada aos casos estritamente necesarios. Os trámites administrativos faranse por vía telefónica ou telemática nas sede electrónica municipal (sede.muros.gal) e nos teléfonos seguintes:
Oficinas xerais: 981 826 050
Cultura e deportes: 981 762 294
Servizos sociais: 981 762 465
– Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase a toda a veciñanza a máxima colaboración. Mantemos contacto constante coas autoridades e iremos informando de calquera cambio ou medida que se adopte.
Muros, 12 de marzo de 2020
A alcaldesa
Mª Inés Monteagudo Romero