Aviso legal
DIRECTORIO
- | 981 826 050
- | alcaldia@muros.gal
-
| Concello de Muros
| Curro da Praza, 1
| 15250 Muros
Concello
Aviso legal
AVISO LEGAL CONCELLO DE MUROS
1. Introdución
A través deste aviso, infórmase das condicións e termos xerais que regulan o acceso, navegación e uso do Portal de Internet do Concello de Muros e, en particular, dos seguintes sitios web:
Portal de Internet
De conformidade co artigo 39 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, enténdese por portal de Internet o punto de acceso electrónico, neste a través do dominio https://muros.gal (así como, calquera dos seus subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles) cuxa titularidade corresponde, neste caso, ao Concello de Muros, o cal permite o acceso a través de Internet á información publicada e á Sede Electrónica https://sede.muros.gal/sxc/gl/
É por isto que se recomenda que, antes de iniciar a navegación, lea atentamente este Aviso Legal.
1. Carácter da información publicada no portal
As informacións ofrecidas mediante este medio teñen exclusivamente carácter ilustrativo e non orixinan dereitos nin expectativas de dereitos e o Concello de Muros non se fai responsable dos contidos accesibles a través de ligazóns ou documentos existentes noutros dominios.
O Concello de Muros procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos axiña que como os detecta. No entanto, o Concello de Muros non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se atope permanentemente actualizada.
A información contida no portal pode ser modificada e actualizada polo Concello de Muros, sen necesidade de aviso previo, tanto no relativo ao seu contido como ao seu deseño e presentación.
A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se achan estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.
2. Condicións e termos xerais de uso do Portal
Polo acceso, navegación polo portal de Internet do Concello de Muros e pola utilización dos servizos incluídos, vostede adquire a condición de persoa usuaria, sen reservas de ningunha clase, aceptando todas e cada unha destas condicións e termos xerais de uso e das condicións particulares que, no seu caso, rexan a prestación dos servizos que se dispuxesen no sitio web, sen prexuízo da atención e cumprimento, pola súa banda, das condicións fixadas e previstas polos sitios web hipervinculados dende https://muros.gal, das cales non responde este concello.
O Concello de Muros poderá, en todo momento e sen previo aviso, modificar as condicións e termos xerais de uso, así como as condicións particulares, que se establecesen.
En todo caso, a persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que o Concello de Muros ofrece a través do portal e, con carácter enunciativo pero non limitativo:
(I) Non incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
(II) Non introducir, almacenar ou difundir en ou dende o portal, calquera información ou material que, explícita ou implicitamente, fora difamatoria, inxuriosa, obscena, ameazadora, xenófoba, de apoloxía do terrorismo, pornográfica ou incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, con especial atención á honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e, en xeral, contra os dereitos humanos.
(III) Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade doutras persoas na utilización do portal ou na utilización de calquera dos servizos dispostos, incluíndo a utilización, no seu caso, de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma. En consecuencia, a persoa usuaria non deberá acceder e, no seu caso, utilizar as claves doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes.
(IV) Non introducir, almacenar ou difundir mediante o portal ningún programa de computador, datos, virus, código que sexa susceptible de causar danos no portal, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes do Concello de Muros ou, en xeral, de calquera terceiro, ou que, de calquera outra forma, sexa capaz de causar calquera tipo de alteración ou impedir o seu normal funcionamento.
(V) Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos do Concello de Muros ou de terceiros.
En caso de contravir as condicións anteriores, o Concello de Muros se reserva a facultade e estará lexitimado para bloquear, suspender ou cancelar, de forma inmediata e sen previo aviso, o acceso e uso do portal e, no seu caso, para retirar os contidos presunta ou declaradamente ilegais, xa o realice ao seu exclusivo criterio ou a petición da terceira afectada ou de autoridade competente.
3. Responsabilidade
O Concello de Muros non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen derivar de, con carácter enunciativo e non limitativo:
(I) Omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías e/ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico ou nos aparellos e equipos informáticos das persoas usuarias, motivadas por causas alleas ao Concello de Muros, que impidan ou atrasen a prestación dos servizos ou a navegación polo sistema.
(II) Atrasos ou bloqueos no uso, causados por deficiencias ou sobrecargas de Internet ou noutros sistemas electrónicos.
(III) O portal do Concello de Muros pode conter ligazóns ás sedes electrónicas doutras Administracións públicas ou a páxinas web doutros órganos, empresas ou institucións, co obxectivo de facilitar á cidadanía a procura de información e recursos a través de Internet. Porén, estas páxinas non son da súa titularidade e, por tanto, o Concello de Muros non é responsable dos seus contidos, funcionamento ou das posibles consecuencias que poidan derivarse do acceso ou uso destas.
4. Propiedade intelectual e industrial
O Concello de Muros é o titular dos dereitos de propiedade intelectual das obras e prestacións que integran esta web. Isto inclúe o deseño gráfico e o software desta web, como tamén os textos, as imaxes e as gravacións que contén. A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación destas obras e prestacións require a autorización do titular, á marxe das actividades directamente autorizadas pola lei de propiedade intelectual.
As marcas, nomes comerciais e signos distintivos que aparecen nas webs do Concello poden estar protexidos por réximes de propiedade industrial e pertencen aos seus titulares respectivos. Queda prohibido calquera uso que non teña a autorización do titular ou que non estea amparado pola lei.
O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida, salvo que medie autorización expresa do Concello de Muros.