A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. informou de que debido aos traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica o próximo 20 de xullo de 2023 de 6.30 h a 7.30 h, van deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afecta aos seguintes lugares ou rúas:
- Miraflores (Espiguiñas, Miraflores, O Pombal de Miraflores, O Barreiro e Outeiro do Ramposo)
- Muros (Rúa do Río e San Roque)
Muros, 17 de xullo de 2023
A alcaldesa
María Lago Lestón