DEPORTES | Convocatoria de subvencións a clubs deportivos e bolsas para deportistas do Concello de Muros

O pasado xoves 30 de setembro publicouse no BOP as seguintes convocatorias municipais do ámbito deportivo:

  • Convocatoria para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de bolsas para deportistas do Concello de Muros para o ano 2021.
  • Convocatoria de subvencións do Concello de Muros, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades, sen ánimo de lucro para realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais dende o anuncio de publicación desta convocatoria no BOP da Coruña (30/10/2021).

CAMPAMENTOS | Convocatoria e bases dos Campamentos de Verán e Campamentos Concilia Verán Muros 2021

Apertura do prazo de solicitude: do 11 ao 22 de xuño de 2021 (ambos incluídos)

Para solicitar a inscrición nos campamentos de verán deberá cubrir o formulario específico de solicitude incluído nesta publicación e presentalo do seguinte xeito:

  • No rexistro de entrada do Concello de Muros (Casa do Concello)
  • A través da sede electrónica do Concello de Muros: www.sede.muros.gal

INFORMACIÓN | Convenio de xestión de biomasa

O convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga, en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, ao que o Concello de Muros está adherido, recolle unha serie de medidas preventivas de gran calado en materia de apoio técnico e financeiro para actuacións preventivas de competencia municipal.

No ano 2020 a parroquia priorizada é Louro, así pois nas parcelas incluídas nas faixas secundarias desta parroquia, os/as propietarios/as teñen a posibilidade de asinar un contrato moi vantaxoso de xestión da biomasa con Seaga, sendo o importe anual deste contrato de 35 € por cada 1000 m2 de superficie que se limpe.

É por isto que os/as propietarios/as das parcelas incluídas nas faixas secundarias da parroquia de Louro recibirán por correo unha comunicación na que se lles explica o procedemento e a proposta de contrato para que o asinen se o consideran oportuno.