Anuncio lista definitiva de admitidos e excluidos proceso selectivo dun técnico/a para centro de interpretación do patrimonio marítimo de Sel
admin
ANUNCIO | Correccion erros da lista provisional de admitidos e do Proceso selectivo dun técnico para a atención do centro de Interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel
Por resolución da alcaldía núm 984/2020 de 3 de setembro de 2020, adoptouse o seguinte acordo,
Advertido un erro na lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a para a atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel aprobada por Resolución da alcaldía núm. 973/2020 de 31 de agosto,
ANUNCIO | Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música
Abrimos o prazo da matrícula na Escola Municipal de Música dende o 1 ata ata o 18 de setembro.
MUROS (EDIFICIO SAN XOSÉ)
- Luns, mércores e venres: 10.00 – 14.00 h
- Martes: 16.00 – 20.00 h
ESTEIRO (O AREAL)
- Martes e xoves: 10.00 – 14.00 h
- Mércores: 16.00 – 20.00 h
Tamén poden mandar o folleto cuberto ao seguinte enderezo electrónico: esmu.municipal.muros@edu.xunta.es
INFORMACIÓN:
Oficina da Escola Municipal de Música
R/ San Xosé · Muros
O Areal – Esteiro
Correo-e: esmu.municipal.muros@edu.xunta.es
IMPRESOS:
ANUNCIO | Lista provisional, composición do tribunal e convocatoria do exame do proceso de técnico/a do centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel
Lista provisional de persoas admitidas e excluídas, composición do tribunal e convocatoria para a realización do primeiro exame do proceso selectivo dun/dunha técnico/a para o centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel
Xustificantes de publicación:
BANDO | Suspensión das actividades deportivas, educativas, culturais e sociais organizadas ou autorizadas polo Concello dende o 20 de agosto ata o 30 de agosto
Dª María Inés Monteagudo Romero, alcaldesa do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a lei
FAGO SABER:
Que como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocadas polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas, esta Alcaldía en uso da competencia establecida no artigo 21 1m) da LRBRL resolveu mediante Decreto do día 20 de agosto o seguinte:
Primeiro.- Suspender as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais… organizadas ou autorizadas polo Concello dende hoxe, día 20 de agosto, ata o próximo domingo 30 de agosto. Quedan en suspenso tamén durante ese prazo as autorizacións para uso de locais municipais.
Segundo.- Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase de toda a veciñanza a máxima colaboración. En particular insistir na obrigatoriedade do uso de máscara, mantemento de distancia social, hixiene respiratoria e de mans. Respectar os aforamentos recomendados en establecementos abertos ao público e reunións de carácter privado.
ANUNCIO | Convocatoria de concesión de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020
Mediante resolución da Alcaldía do Concello de Muros núm. 929/2020 de 17 de agosto, aprobouse a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020, que se transcriben a continuación:
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MUROS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITVA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NO ANO 2020
1. Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión destas subvencións están publicadas no BOP número 138, de 23 de xullo de 2019
2. Contía
O Concello de Muros poderá conceder subvencións de ata un máximo de 1.500,00 € por proxecto. A contía de todas as axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria sumará un máximo de 11.000 €, con cargo á partida orzamentaria 20/334.48000, correspondente á anualidade 2020.
3. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades culturais concretas no concello de Muros, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento da cultura galega.
De acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade e de protección contra a violencia de xénero, non é subvencionable ningunha actividade ou actuación que inclúa contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que inciten á desigualdade ou violencia.
4. Beneficiarias
As entidades legalmente constituídas, que carezan de fins de lucro, estean rexistradas no Rexistro de Asociacións de Galicia, teñan a súa sede no Concello de Muros e desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial municipal do Concello de Muros e non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).
5. Órgano competente para a instrución e resolución
A concesión das subvencións realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva e será aprobada por unha resolución da alcaldía ou órgano no que se delegue, despois da proposta motivada da comisión avaliadora correspondente.
Conforme ao establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, crearase unha comisión de valoración que estará composta polos seguintes membros:
Presidenta: alcaldesa do Concello de Muros.
Secretaria: secretaria municipal, que participará con voz pero sen voto.
Vogais: O interventor, ou funcionario do departamento de Asuntos Económicos no que delegue e un/unha técnico da área de Cultura.
Desígnase coma Órgano Instrutor, coas funcións previstas nos artigos 24 da Lei Xeral de Subvencións e 21 da Lei de Subvencións de Galicia, a persoa que teña funcións de técnico da área de Cultura do concello de Muros
6. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes e iniciarase no día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Coruña.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados, que se anexan con esta resolución, por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
7. Prazo de resolución e notificación
A resolución de concesión notificarase expresamente a todas as persoas solicitantes de forma fidedigna nun prazo máximo de tres meses dende a data límite de presentación de solicitudes.
As subvencións concedidas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Muros e na súa páxina web www.muros.gal.
Vencido o prazo máximo sen que sexa notificada a resolución expresa a persoa interesada deberá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo.
8. Prazo de xustificación
O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 15 de novembro de 2020.
9. Fin da vía administrativa
O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa, sendo susceptible de recurso de reposición perante o mesmo órgano que resolva, conforme o dispón o artigo 123 da Lei 39/2015, no prazo de un mes a contar dende a día seguinte da recepción da notificación.
SEGUNDO. Aprobar o gasto por importe de 11.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 20/334.48000 do orzamento xeral do Concello de Muros
TERCEIRO. Publicar esta convocatoria de concesión de subvencións do Concello de Muros dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aos efectos legalmente previstos no apartado 6 do punto primeiro da parte dispositiva desta resolución.
SUBVENCIÓNS | Convocatoria de axudas a traballadores/as do réxime especial autónomos afectados/as pola suspensión ou peche de locais provocado pola emerxencia sanitaria COVID-19
Convocatoria de axudas dirixidas a traballadores/as do réxime especial de autónomos afectados/as pola suspensión ou peche dos locais abertos ao público provocado pola emerxencia sanitaria do COVID-19.
Prazo: 20 días dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
ANUNCIO | Publicación definitiva da bolsa de traballo do SAF
Anuncio da publicación definitiva da bolsa de traballo do Servizo de Axuda no Fogar.
ANUNCIO | Convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a para a atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo na Conserveira de Sel
Por Resolución desta Alcaldía núm. 906/2020 de 11 de agosto, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación laboral temporal a xornada completa dun/dunha técnico/a para atención do Centro de Interpretación do Patrimonio marítimo da conserveira de SEL, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa FO216/2020 e que se transcriben a continuación:
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DUN TÉCNICO PARA ATENCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO NA CONSERVEIRA DE SEL, ANUALIDADE 2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA FO216/2020
1 Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación laboral temporal a xornada completa de un técnico para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de SEL, anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.
2 Características do posto
Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: Técnico para a atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo da Conserveira de Sel
Grupo: II Soldo bruto por todos os conceptos: 1.546,96 €
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Duración do contrato: 2,5 meses
Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto no punto 4 f) das bases
Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente
Funcións: As funcións a desenvolver serán as encomendadas aos museos e centros na Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia. Entre outras, a atención dos visitantes, a organización e catalogación da colección, a selección de pezas para exposición, a elaboración do discurso expositivo, a xestión dos préstamos ou depósitos en condicións de conservación e seguridade e a dinamización e relación do centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel co seu contexto territorial e social, asi como outras encomendadas pola Alcaldía relacionadas co posto de traballo
3 Sistema de selección
O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.