EMPREGO | Bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal de limpeza de praias 2024 e a elaboración dunha bolsa de emprego

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (01/04/2024)

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm.303/2024 de 21 de abril, aprobáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación persoal laboral temporal a tempo completo para o servizo de limpeza de praias 2024 financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2024 e a elaboración dunha bolsa de emprego para contratacións durante o verán de 2024, e que se transcriben a continuación:

BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2024 FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2024 E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓNS DURANTE O VERÁN DE 2024

1. OBXECTO

Ten por obxecto esta convocatoria a contratación de persoal laboral temporal a tempo completo para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2024, e elaboración dunha bolsa de emprego para contratacións durante o verán de 2024 mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021).

A xornada laboral incluirá os fins de semana cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos, así como serán os establecidos na Resolución da contratación.

2. CARACTERÍSTICAS DO POSTO

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Duración: 2 meses e 20 días
Prazas: 5
Grupo: V
Soldo: 1323,00 €/mes por todos os conceptos, incluídas a parte proporcional das pagas extras
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.

Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

4. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

(Ver bases: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/04/01/2024_0000002071.pdf)

(Anexo II – Solicitude de emprego)


EMPREGO | Bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación de peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais 2024, e a elaboración dunha bolsa de emprego

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (01/04/2024)

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 304/2023 de 21 de marzo, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de cinco peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL CONCELLOS 2024, e que se transcriben a continuación:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE CINCO PEÓNS ALBANEIS PARA OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2023, mediante calquera das modalidades de contratación prevista no Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021).

A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón albanel
Prazas: 5
Duración: 5 meses
Grupo: V
Soldo: 1.465,00 € brutos mes por todos os conceptos
Modalidade contractual: Calquera dos previstos no RD 32/2021
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.

Cometido funcional: No ámbito dos servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e o punto 2.3. das Bases reguladoras do PEL CONCELLOS ANO 2024, as funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

(Anexo II – Solicitude de emprego)


AXUDAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2024 (CULTURA, DEPORTE E EDUCACIÓN)

Axudas municipais do Concello de Muros para o ano 2024 (cultura, deporte e educación)

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/03/27/2024_0000002013.html

Prazo: 28/04/2024

Formularios de solicitude e xustificación:


https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/03/27/2024_0000002034.html

Prazo: 28/04/2024

Formularios de solicitude e xustificación:


Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a asociacións de nais e pais de alumnos para a realización de actividades de apoio educativo no concello de Muros para o ano 2024

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/04/01/2024_0000002044.html

Prazo: 02/05/2024

Formularios de solicitude e xustificación:


https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/04/01/2024_0000002049.html

Prazo: 02/05/2024

Formularios de solicitude e xustificación:


TEATRO | “Vía Morta” de Culturactiva e Pallasos en Rebeldía

“Vía Morta” de Culturactiva e Pallasos en Rebeldía

📆 Sábado, 6 de abril ás 20.30 h
🏟️ Edificio do Mercado de Muros
💶 Entrada: 3,50 €
🎟️ Reservas: https://forms.gle/r9DXJoJHbWABX67J7

ℹ️ A compra de entradas por adiantado tamén se pode realizar nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h

Sobre “Vía Morta”:

“Vía Morta” aspira a ser máis ca un espectáculo teatral, converténdose nunha experiencia viva a través do teatro. A montaxe busca achegar a realidade dos refuxiados ao público galego, involucrando aos espectadores na experiencia dun refuxiado. A obra denuncia as traxedias causadas polas políticas migratorias da Unión Europea e rexeita o esquecemento deliberado ao que se someten as persoas refuxiadas. A narrativa destaca a hipocrisía da política comunitaria que pecha as portas ás persoas fuxidas, violando principios básicos da lexislación internacional. “Vía Morta” adentra literalmente ao público nun campo de refuxiados, onde unha médica siria, interpretada por Anabell Gago, agarda reunirse co seu fillo e netos en Alemaña.

A falta de chegada do tren a esta vía morta xera desesperación entre os refuxiados. A presenza dun pallaso, interpretado por Iván Prado, e a mirada crítica dunha nena, personificada por Rocío Salgado, engaden capas de significado á experiencia. A través do teatro social, compromiso político e elementos de clown, “Vía Morta” procura resignificar a crudeza da realidade nunha experiencia poética compartida, estimulando a reflexión e mantendo viva a conciencia colectiva sobre a crise do refuxio.

👥Elenco artístico:

Anabell Gago, Rocío Salgado, Iván Prado e Fran Rei


BASES DO CONCURSO DE CARTEIS PARA AS XIX XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA “MUROS MIRA AO MAR” | 5, 6 E 7 DE XULLO DE 2024

As bases do concurso de carteis para as XIX  Xornadas de  Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, que se celebrarán os días 5, 6 e 7 de xullo de 2024, teñen como obxectivo que o alumnado dos centros educativos municipais e os colectivos que traballen con persoas con diversidade funcional do concello de Muros expresen de xeito creativo o seu con- cepto e/ou experiencias das xornadas. Os  traballos participantes poden ser  individuais  ou colectivos, presentando traballos orixinais e inéditos, preferentemente en  tamaño A3 e sen tridimensionalidade.

Cada traballo debe levar un lema na parte traseira para preservar a identidade do autor, e presentarase xunto cun sobre pechado que conteña os datos da autoría. Aínda que o tema central é “A diáspora mariñeira”, os participantes non están obrigados a facer ref- erencia a el. Seleccionarase un traballo gañador de cada ciclo educativo e de cada col- ectivo, dos cales se escollerá o cartel anunciador das xornadas. Os premios inclúen di- plomas e agasallos para os primeiros clasificados, e un vale de compra de 150,00 € para o traballo gañador.

Os traballos presentaranse no Centro Cultural e Xuvenil de Muros ata o 19 de abril de 2024. O xurado estará composto por representantes da Alcaldía, a comisión organizado- ra, os centros educativos e os colectivos de diversidade funcional. O traballo gañador cederá todos os dereitos de reprodución ao Concello. Os traballos non premiados poderán ser expostos durante as xornadas e retirados polos seus autores entre agosto e outubro de 2024. A divulgación do concurso e do traballo gañador realizarase na páxina web e o taboleiro de anuncios do Concello de Muros.


O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar mediante a modalidade de contrato menor de servizos, a organización e dinamización do mercado mariñeiro tradicional das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024.

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar mediante a modalidade de contrato menor de servizos, a organización e dinamización do mercado mariñeiro tradicional das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024.

Prazo: Do 11 ao 29 de marzo

Anuncio: 

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/93b9fff3f3a57ef348bbe3787048700204b0230a


APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA AS ASOCIACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO MUNICIPAIS PARA PARTICIPAR NO MERCADO MARIÑEIRO DE “MUROS MIRA AO MAR” 2024.

O Concello de Muros abre o prazo de presentación de propostas de participación por parte das entidades, clubs e asociación sen ánimo de lucro municipais para participar no Mercado Tradicional Mariñeira das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024 que terán lugar os días 5, 6 e 7 de xullo.

Prazo de presentación: ata o 5 de abril

Normativa:
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/cfd203fa11ecb6573a8a714edc50b6d819af4d75

Formulario de solicitude:
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/9bcbf30fb06667707f34807e043e0e3028235224


TEATRO | A estrea da peza sobre o golfiño Manoliño terá lugar  o próximo sábado no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

A Xanela do Maxín “Confi, o golfiño Manoliño”

📅 Sábado, 16 de marzo ás 18.00 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
👀 Público: A partir de 5 anos
🎭 Clasificación: Monicreques
🎫 Entrada: 2,50 €
Reservas: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfdaNtV4VndlCgrZL9hyiioyyB-rng5xPzTe878lhlfqj42hQ/viewform


“Confi”, como espectáculo de teatro documento, relata os eventos reais da loita pola supervivencia de Manoliño, o golfiño que habita as praias da ría de Muros e Noia. O espectáculo aborda a historia real desta criatura mariña e destaca os desafíos que enfronta para sobrevivir na súa hábitat natural. Invita ao público a implicarse emocionalmente e a comprender a crúa realidade que Manoliño e os seus semellantes mariños enfrontan diariamente.

Ao concentrarse na conservación e no medio ambiente, “Confi” non só proporciona un espectáculo impactante, senón tamén unha oportunidade para aumentar a concienciación sobre as ameazas que afectan a vida mariña. A través desta representación teatral, “Confi” aspira a inspirar acción e a marcar unha diferenza positiva na preservación dos nosos océanos e a fauna que neles habita.

  • Autoras: Celtia Figueiras e Xosé Breijo “Topo”
  • Dirección: Celtia Figueiras e Xosé Breijo “Topo”
  • Adaptación: Celtia Figueiras e Xosé Breijo “Topo”
  • Escenografía: A Xanela do Maxín
  • Deseño son: A Xanela do Maxín
  • Deseño iluminación: Octavio Más
  • Vestiario: Celtia Figueiras
  • Música: Alu Studios

Elenco artístico:

  • Celtia Figueiras
  • Xosé Breijo “Topo”

CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

BASES XERAIS REGULADORAS PARA A PARTICIPACIÓN PARA O CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

PRAZO DE SOLICITUDE

1.1. O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:

  1. Solicitude de inscrición: desde a publicación destas bases na sede electrónica do Concello de Muros ata o 15 de marzo ás 14.00 h.
  2. Sorteo: 18 de marzo (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).

O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 h da mañá.

1.2. Tipos de solicitude:

  • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

Como cubrir a solicitude:

  • A persoa solicitante será a nai, pai, titor ou titora legal.
  • A/as persoa/s participantes serán o/a os/as neno/a nenos/as.
  • No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os participantes.
  • A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.

1.2. Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia, no seguinte enlace:

https://forms.gle/qoquEgJLcJzd97Pz7

1.3. A adxudicación pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.
  • Deberase aceptar a praza nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo electrónico, coa confirmación da praza, de non ser así será excluído/a.

1.4. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.

1.5 No caso de que aparezan solicitudes presentadas por diferentes solicitantes, pero na que parte ou todas as persoas participantes sexan as mesmas, serán anuladas automaticamente.

IDADES E HORARIO

2.1. Idades

  • Nenas/os nadas/os nos anos:

2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011

2.2. Número de nenos/as por lugar: 20

2.2. As datas establécense do seguinte xeito:

  • 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril de 2024

2.3. Horario:

  • Entrada: de 9.00 h a 10.00 h
  • Saída: de 13.00 h a 14.00 h

2.4. Lugares:

  • Muros: pavillón de Miraflores
  • Esteiro: pavillón Xosé Lago

2.5. Información:

  • Departamento de Servizos Sociais no número de teléfono 981 762 465
  • Centro Cultural e Xuvenil de Muros 981 762 294

BASES CONCILIA SEMANA SANTA 2024


TEATRO | “Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro

Sábado, 9 de marzo ás 20.30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Entrada: 5,00 €
Reservas: https://forms.gle/s7comoMKgpYw7obM7

A compra de entradas por adiantado tamén se pode realizar nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h

Sobre “Unha inimiga do pobo”:

“Unha Inimiga do pobo” é unha adaptación contemporánea dunha destacada obra de Henrik Ibsen que, despois de cento coarenta anos, continúa a ser un vehículo inflamable para denunciar políticas que priorizan beneficios económicos sobre a saúde pública. A historia, ambientada na Galicia actual, aborda temas como a desinformación, os riscos das maiorías absolutas, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal nun contexto hostil onde as emocións humanas están sometidas á máxima presión. A peza serve como paradigma do teatro social, proporcionando un espazo de reflexión sobre as contradicións e problemáticas da sociedade contemporánea. A través da adaptación, sitúase na órbita do xigante Ibsen para crear un espectáculo crítico e lúdico que convida á audiencia a reflexionar sobre o mundo actual. A protagonista, Helena, unha doutora embarazada de cinco meses, regresa á súa vila natal co proxecto dun balneario sustentable.

A inesperada contaminación das augas e a loita de Helena por protexer a saúde pública fronte aos intereses económicos levan á comunidade a cuestionar a súa perspectiva, poñendo en risco a prosperidade colectiva.

Elenco artístico:

Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala