Na sesión celebrada o día 6 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de persoal para a brigada de incendios 2020, adoptou os seguintes acordos:
Primeiro. Acórdase publicar o resultado da realización do primeiro e segundo exercicio da fase de oposición segundo o previsto no punto 8. a das bases e que se publica como anexo l. De acordo co previsto no punto 8 das bases, as persoas aspirantes terán un prazo de dous días dende a publicación deste acordo para presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Segundo. Acórdase convocar aos/ás aspirantes que superaron o exercicio segundo a realización do terceiro e cuarto exercicio o día 8 de xullo ás 9.00 h na antiga fabrica de Sel, situada na Rúa Porteliña 2, Muros.