Resolución definitiva de concesión de axudas para a reactivación económica e social do Concello de Muros, PEL-REACTIVA
Por Resolución da Alcaldía núm. 183/2021 de 17 de febrero aprobouse a concesión definitiva das axudas para a reactivación económica e social do Concello de Muros PEL-REACTIVA, financiada pola Deputación da Coruña.
Primeiro. Dar por presentada e aceptada a renuncia ao dereito de cobro formulada por Dª Lucía Martínez Facorro.
Segundo. Comprometer o gasto a favor das persoas beneficiarias e nas contías que se recollen neste punto por importe total de 101.000,00€ con cargo ao saldo de autorizacións existente na aplicación 21/241.47000 do estado de gastos do Orzamento Municipal de 2015 -prorrogado, e proceder á concesión definitiva en réxime de concorrencia competitiva de subvencións do Concello de Muros dirixidas ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas dos municipios adheridos ao Fondo de Financiamento, financiado pola deputación da Coruña para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico ás seguintes empresas que cumpren cos requisitos da convocatoria e polos importes que se indican:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/02/23/2021_0000001308.pdf