ANUNCIO | Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas para a selección de persoal para limpeza de praias, 2020

Por resolución da Alcaldía núm.779/2020 de 8 xullo de 2020, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño pola que se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, publicada no BOP núm. 92 de 22 de xuño de 2020.

Vista a resolución da Alcaldía núm. 763/2020 de 3 de xullo de 2020, pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para participar neste proceso selectivo.

Revisada de oficio a documentación presentada e vistas as reclamacións a esta lista provisional de persoas admitidas e excluídas de conformidade co previsto nas bases desta convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO. Aprobar a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, publicada no BOP núm. 92 de 22 de xuño de 2020.