#8M | Dentro das actividades que o Concello de Muros programará polo 8 de marzo Día da Muller inclúese a Andaina “Pasos pola Igualdade” que terá lugar o domingo 6 de marzo.
A andaina percorrerá parte do Camiño de Santiago Ría de Muros-Noia e contará cunha ruta curta ata a Abelleira (9,4 km) e outra longa ata Esteiro (14,2 km) dende Muros.
O horario da saída será as 9.30 h dende o porto de Muros e haberá servizo de bus para o regreso.
O número de prazas limítase a 100 e xa podedes facer a vosa inscrición a través do seguinte enlace:
https://forms.gle/dg3KtoodsVKCKUN49