TEATRO | “Testosterona” de Malasombra Producións

Muros acolle este sábado “Testosterona” unha comedia reflexiva sobre o mundo laboral

Este sábado, o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá a representación de “Testosterona”, unha comedia que aborda a desigualdade laboral desde unha perspectiva única e reflexiva. A obra narra a competición entre un home e unha muller por un cargo de máxima responsabilidade nun medio de comunicación, explorando factores como a capacidade, o sexo ou a experiencia.

A calidade do espectáculo destaca grazas ao talento de Luís Iglesia (MatalobosSerramoura) e Camila Bossa (La UnidadMatalobos), cuxas interpretacións combinan humor, profundidade e gran humanidade.

A concelleira de Cultura, Caridad González, subliña: “Con “Testosterona” queremos ofrecer ao público a oportunidade de reflexionar sobre a desigualdade no ámbito laboral dunha maneira amena e accesible, sen perder de vista a gravidade do tema. Esta comedia non só provoca risas, senón tamén reflexións sobre cuestións tan relevantes e actuais como a igualdade de xénero nas altas esferas profesionais.”

“Testosterona” de Malasombra Producións

Sábado, 1 de febreiro ás 20:30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Duración: 75 minutos
Público: +13 anos (PA)
Entrada: 3,50 €
Reserva de entradas: https://forms.gle/RnHawQHgiTq5rYAc8