📅 Sábado, 23 de novembro ás 18:00 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Entrada: Gratuíta
💻 Reservas: https://buff.ly/4fwKuWP
👀 Público recomendado: +4 anos
🎫 Tamén podes facelas presencialmente nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.
Sobre “Teatro dos vieiros”: Xoán Curiel e Charo Pita interpretan a dous traballadores dun teatro que deben improvisar un espectáculo cando un furacán impide a chegada dos actores principais. Con música en directo, narración oral e teatro, esta comedia fresca e interactiva transportará ao público a un universo de imaxinación e aventuras, facendo ademais unha homenaxe á figura de Carvalho Calero.
A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “Estamos encantados de ofrecer unha proposta que combina música, teatro e valores educativos. “Teatro dos Vieiros” é un exemplo do noso compromiso con achegar programación de calidade e variada para todas as idades, especialmente as máis pequenas, que son o futuro da nosa cultura.”