TEATRO | Sábado 5 – Ghazafelhos e Rigoletto Teatro – “Pinocchio”

PINOCCHIO EN MUROS

O concello de Muros continúa a súa programación de teatro no Centro cultural e xuvenil; e para a vindeira fin de semana presenta un excelente espectáculo destinado a público familiar, “Pinocchio”. Espectáculo que xorde da colaboración entre as compañías Ghazafelhos e Rigoletto Teatro.

Día e hora: sábado 5 de febreiro, ás 18:00 horas.
Local: Auditorio do Centro Cultural e xuvenil de Muros
Actividade: Teatro –Ghazafelhos e Rigoletto Teatro – “Pinocchio”
Entrada: 2,50 €, reserva previa.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

“Pinocchio” é unha adaptación libre da obra de Carlo Collodi por Pepablo Patinho. Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio. Un monicreque universal que nos enche de risa e emoción, e que agocha un segredo no seu corazón de bidueiro. Cunha posta en escena que combina os monicreques, o teatro e a música en directo ábrese unha porta a unha emocionante aventura que nos amosa un camiño cheo de humor e sensibilidade.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas, mais nesta ocasión estarán acompañados no esceario por  Paty Lesta e Cristian Leggiero, de Rigoletto teatro. Un luxo!

As entradas, a un prezo de 2,50 €, deben ser reservadas previamente nas oficinas do centro cultural de Muros, no teléfono 981762294, no correo electrónico cultura@muros.es, ou no formulario creado para este fin: https://forms.gle/uxSmYoa53q8LjGg28

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, quere agradecer a colaboración á Axencia das Industrias Culturais da Xunta de Galicia a súa colaboración  na programación estable do centro cultural e xuvenil de Muros; e anima a todo o público familiar do municipio  a gozar deste magnífico espectáculo, aproveitando para anunciar que, se as circunstancias o permiten, se celebrarán na semana seguinte os dous espectáculo adiados do mes de xaneiro, por problemas de saúde. O venres 11 o “Contacontos de libros contentos”, para público infantil, na biblioteca; e o sábado 12 o espectáculo para público adulto “Tabú”, no auditorio do centro cultural.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close