TEATRO | “O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” de ButacaZero

📅 Sábado, 30 de novembro ás 20:30 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Prezo: 3,50 €
👀 Público recomendado: +16 anos
🎫 Reservas: https://buff.ly/4i5pkB8
ℹ️ Reserva dispoñible nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8:00 a 15:00 h

A compañía ButacaZero, liderada por Esther F. Carrodeguas, creadora da aclamada obra Iribarne, un dos grandes referentes do teatro galego deste ano, presenta unha nova proposta que promete conmover e sorprender.

“O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” é un monólogo escrito e protagonizado pola propia Carrodeguas, no que aborda a complexa relación co corpo e a gordofobia dunha sociedade que idealiza estándares de beleza inalcanzables. Cunha mestura de sinceridade e humor irónico, a obra reflexiona sobre como esta discriminación afecta tanto á sociedade como ao noso interior.

Dirixida por Xavier Castiñeira e acompañada en escena polo artista multidisciplinar Juanma LoDo, que asina a sonoplastia, esta peza contemporánea ofrece unha experiencia escénica única que mestura crítica, emoción e unha gran dose de valentía.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “Traer a Muros unha obra de ButacaZero é unha mostra máis do noso compromiso por ofrecer teatro de calidade. Esta peza convida a reflexionar sobre temas tan universais como a identidade e a aceptación, ao tempo que recoñecemos o enorme talento de Esther Carrodeguas. Animo á veciñanza a non perderse esta oportunidade única.”