Gañadora do CERTAME MANUEL MARÍA DE PROXECTOS TEATRAIS
Día: sábado, 17 de outubro de 2020.
Hora: 21.30 h.
Recinto: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Entrada: 3,50 €.
Incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
Reserva previa obrigatoria no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, no 981 762 294 ou no e-correo cultura@muros.es
Un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintas, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira. Abraiados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos. Coma os máis experimentados vendedores de fume, deixan o seu ben máis atesourado para o final; un tutilimundique contén nos seus adentros ao condenado reino de Bululú e os seus habitantes. E así, dáse comezo á farsa.
Elenco: Anxo García e Fran Lareu
Dirección e dramaturxia: María Peinado