TEATRO MUSICAL | Sábado 2 de abril representación do espectáculo “DESCONCERTO”, no Centro Cultural De Muros

Día e hora: sábado 2 de abril, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros.
Actividade: Teatro musical – Culturactiva – “Desconcerto”.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

Culturactiva SCG presenta a Fran Rei e Félix Rodríguez en “Desconcrto”, un espectáculo cómico para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Marcos Orsi.

En “Desconcerto” os protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital; véndose na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando, non sen diversos atrancos cómicos.

“Desconcerto” é un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica por medio do humor. Montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo para ofrecer unha imaxe amena e atractiva da música clásica. Ao longo dos seus sesenta minutos de duración, neste espectáculo conviven pezas musicais clásicas de compositores como Leroy Anderson, Bach, Khachaturian, Mozart, Beethoven ou Rossini, e rutinas teatrais cómicas protagonizadas polo director da orquestra, diversos solistas, cancións a dúo, unha conferencia condensada sobre a música clásica e ata un número de ballet.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura, Mayka González, anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que gozarán deste magnífico espectáculo, e aproveita para animar así mesmo a participar no contacontos que terá lugar o día anterior, venres 1, tamén ás 18:00 na Biblioteca de Muros, “A Bibliotecaria Estrafalaria”, onde, ademais con motivo da celebración do Día do Libro Infantil, lles agarda as persoas máis miúdas unha bonita sorpresa.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close