TEATRO MUSICAL | A ópera galega “PAPAGENA” no Centro Cultural de Muros, o sábado 12 de novembro

MUROS CELEBRA O DÍA DA MÚSICA CON DOUS ESPECTÁCULOS DE TEATRO MUSICAL “PAPAGENA”, PARA PÚBLICO ADULTO, O SÁBADO 12 DE NOVEMBRO, E “DIVERTIMENTOS”, PARA PÚBLICO FAMILIAR

Día e hora: sábado 12 de novembro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Ópera – ButacaZero – “Papagena”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado 12 de novembro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Papagena”, unha ópera contemporánea de Iago Hermo

Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima daFrauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.

E por suposto, en galego.

O elenco está formado pola SOPRANO, Esperanza Mara (Papagena), o BARÍTONO, Jacobo Rubianes Castelo (Papageno) e Iago Hermo, ao que corresponde ademais a música, libreto e dirección musical; a dirección artística  corre a cargo de Castiñeira & Carrodeguas

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propón un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as suas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece a linguaxe audiovisual en escena. Sempre ofertando propostas diferentes e reflexivas que teñen como unha das súas máximas entreter ao mesmo tempo

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, declara que durante a semana do 12 ao 19 de novembro o goberno municipal quixo favorecer a celebración do día da música coa programación de dous espectáculos de teatro musical, este sábado, día 12, a ópera Papagena para público adulto e o sábado 19 “Divertimentos”, un espectáculo para público familiar que combina a música co novo circo; e anima a tódolos muradáns a participar nesta celebración, segura de que gozarán con ámbalas dúas propostas.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close