O Concello de Muros, co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas, programa dous espectáculos, “Mar adiante” de ODAIKO e “A Lingua das bolboretas” de Sarabela.
Actividade: Música e teatro – ODAIKO – “Mar adiante”
Día e hora: Luns 17 de maio, 18.00 h
Espazo: Praza do Mercado de Muros
Público preferente: Familiar/infantil
Prezo da entrada: De balde
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
ODAIKO é unha formación que nace a raíz das numerosas colaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais, percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas costas, particularidade que os fai moi versátiles, e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións. Para coñecer as súas orixes hai que remontarse ao ano 2002 e á Holanda, sendo no 2004 cando sacan á luz o seu primeiro proxecto.
En “Mar adiante” a acción sitúase nun barco, o Arroás, e nun tempo distante; para sacar ao espectador da vida cotiá e facelo voar coa imaxinación nunha navegación por alta mar. A escenografía consiste nun barco visto de fronte, que se representa con unha cabina de mando en dous pisos. Na parte inferior ábrense dúas ventanas de ollos de boi e portas. A parte inferior e a superior únense cunha escada vertical. Xogos clownescos de persecucións, golpes e caídas que suceden nos dous pisos da cabina de mando, fan suceder as accións. O barco constitúe un enorme instrumento de percusión: o timón é unha matraca, as ventanas de ollo de boi son dous tambores, a escaleira está feita con caixas chinas e os tubos comunicadores son trompetas. Instrumentos que se irán descubriendo ao longo da historia e que soarán en solitario ou acompañando as melodías da marimba, presente na cuberta do barco… A diversión está garantida.
O sábado da mesma semana chega a Muros “A Lingua das bolboretas”
Actividade: Teatro – Sarabela – “A Lingua das Bolboretas”
Día e hora: Sábado 22 de maio, 21.00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural e xuvenil de Muros
Público preferente: Adulto
Prezo da entrada: 3,50 €
Ciclo: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
O sábado chega a quenda do público adulto, para poder gozar desta versión teatral dun grande la literatura galega “A Lingua das Bolboretas”, de Manolo Rivas. Que mellor xeito de conmemorar as nosas Letras!
Por medio da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal, vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalo dunha guerra civil. Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. Con A lingua das bolboretas celebran o 40 aniversario de Sarabela. No espectáculo conxugan as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón). Conta con un gran equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia, ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética, o que leva a este espectáculo a ser punteiro.
As entradas tén que ser reservadas previamente nas oficinas do centro cultural de Muros, no teléfono 981 762 294 ou no correo electrónico cultura@muros.es As do día 17 xa están ao dispor do público e as do día 22 poden ser reservadas dende o martes 18.
A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, quere agradecer a colaboración á AGADIC, da Xunta de Galicia; e agarda que poidamos gozar dunhas excelentes tardes de celebración, con estas propostas, que conxugan música, teatro e moito bo facer.