TEATRO | “Morte accidental dun anarquista” o sábado 23 no Centro Cultural de Muros

O sábado 23 de abril, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Talía Teatro, co seu espectáculo, “Morte accidental dun anarquista”.

Día e hora: sábado 23 de abril, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Talía Teatro – “Morte accidental dun anarquista”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Un espectáculo do que é autor Dario Fo, dirixido por  Cándido Pazó e que conta no seu elenco con  Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos.

Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.

A día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso dende Talía Teatro quixeron unirse ás compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, a máis emblemática de todas “Morte accidental dun anarquista”. Nos clásicos, as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público; e, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade. O espectáculo foi estreado o 11 de marzo deste ano en Compostela con grande éxito.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar desta marabillosa comedia de teatro para público adulto.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close