TEATRO | Galitoon “The Show Moscón”, 4 de novembro ás 18.00 h

| Galitoon “The Show Moscón”
| 📆Sábado, 4 de novembro ás 18.00 h
| 🏟️Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
| 🎫Entrada: 2,50 €
| 💻Reservas: https://buff.ly/3QDq1Wg

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem, Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, horribles Magos e Mentalistas, increibles bebés equilibristas , marabillosos números de Danza e un sen fin de humor…


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close