TEATRO | Espectáculos musicais para público infantil e familiar “OS ROMEIROS DO CARACOL” e “A CASA DO TERROR”

O centro cultural e xuvenil de Muros retoma a programación a vindeira fin de semana. Nesta ocasión, co fin de conmemorar a patroa da música, Santa Cecilia, prográmanse dous espectáculos musicais: “Os romeiros do caracol”, de Fantoches Baj e  “A casa do terror” de Xoán Curiel e a Banda do Verán.

“OS ROMEIROS DO CARACOL”

Día e hora: venres 13 de novembro, 18.00 h
Local:
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Actividade:
Música e monicreques – Fantoches Baj – “Os romeiros do caracol”
Público preferente:
Familiar/infantil.
Prezo da entrada:
gratuíto.

Programa: “Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de Santo Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a Santo Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en Santo Andrés. O espectáculo está baseado nunha obra de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de Santo Andrés. Monicreques, cantas de cego, máscaras, reque-reque, son algúns dos recursos do teatro popular que utilizan neste espectáculo con música en directo interpretada por Carlos Quintá. Completa o elenco do espectáculo o creador da compañía, o actor,  Inacio Vilariño. 

“A CASA DO TERROR”

Día e hora: sábado 14 de novembro, 18.00 h
Local:
Auditorio do Centro Cultural e xuvenil de Muros.
Actividade:
Música – Xoán Curiel e a Banda do Verán – “A Casa do Terror”
Público preferente:
Familiar/infantil.
Prezo da entrada:
2,50 €

Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un novo musical, editado por Galaxia, moi rockeiro e terrorificamente divertido que se desenvolve entre cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e, sobre todo, moita participación do público asistente.

A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes como as pulghas sombies, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e moitas máis.

O elenco artístico está formado por Xoán Curiel, na guitarra eléctrica, guitarra española e voz, Jara Ortiz: Voz, Carlos Freire: Batería, Alex Salgueiro: Teclado e programacións, Antón Fernández: Baixo e Marta Alonso: Danza e voz.

As entradas serán reservadas previamente nas oficinas do Centro cultural e xuvenil de Muros ou no teléfono 981 762 294 ou no correo electrónico: cultura@muros.es


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close