TEATRO | “Conexión Pingüín”, o sábado 29 de outubro, no Centro Cultural de Muros

SÁBADO 29 DE OUTUBRO REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO “CONEXIÓN PINGÜÍN”, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS

📅 Sábado, 29 de outubro ás 21.00 h
🏟️ Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎫 Entrada: 3,50 €
💻 Reservas: https://forms.gle/MLMSVkGxbjU4tDE77

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, … 

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo…  Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela  fazaña antártica. 

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://forms.gle/MLMSVkGxbjU4tDE77


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close