TEATRO | Ártika Cía “Pum! Pum!, quen hai?”

? Sábado, 19 de outubro ás 18:00 h
? Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
? Prezo: 2,50 €
? Idade recomendada: +4 anos
⏳ Duración: 45 min
? Reserva as túas entradas aquí: https://buff.ly/482Gavy

ℹ️ Tamén podes reservar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

? Sobre “Pum! Pum!, quen Hai?”:

Acompaña a Gaia, unha nena espelida que nos leva de viaxe polos xogos tradicionais da súa aldea galega. Xunto con personaxes tan entrañables como a Tía Maruxa e Don Rosmón, Gaia descubrirá os segredos das portas veciñas e vivirá unha aventura chea de risas, música e revelacións.

Este musical, que explora valores como a aceptación e a diversidade, mestura humor e ritmo, convidándonos a descubrir que cando non todo é o que parece, a vida pode converterse nunha marabillosa aventura.