📅 Sábado, 15 de febreiro de 2025
⏰ 18:00 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Prezo: 2,50 €
👀 Público recomendado: +6 anos (PI)
⏳ Duración: 45 min
🎭 Clasificación: Monicreques
🎫 Reserva de entradas: https://forms.gle/yityPWFQLPjQxDxy5
✨ Sobre “A teteira de Kabul”
Baseado no conto homónimo de Carolina Pujadas, este espectáculo de monicreques conta a historia de Mina, unha nena afgá que se ve obrigada a deixar o seu fogar por mor da guerra. Ao longo da súa viaxe, as historias que lle conta súa nai axúdana a atopar beleza no tránsito e a gardar recordos na súa teteira.
💬 A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca:
“A través da peza “A Teteira de Kabul” achégamonos a unha realidade complexa desde a emoción e a sensibilidade. É unha oportunidade única para o público familiar de reflexionar sobre o valor da memoria e da identidade en tempos de cambio.”
