SUBVENCIÓNS | Subvencións a clubs deportivos do Concello de Muros

Bases específicas reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a clubs deportivos do concello de muros, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades, sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2019

OBXECTO.

Esta convocatoria vai dirixida aos clubs deportivos do Concello de Muros que conten con algún equipo ou deportista (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial, ou autonómico, e a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física durante o ano 2019.

    • O obxecto deste programa concrétase en dúas modalidades ou liñas, de xeito simultáneo ou alternativo:
    • A participación de equipos ou deportistas en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico.
    • A realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte
    • A realización do programa de actividades para a que se concede a subvención será de exclusiva responsabilidade da entidade, así como as obrigas fiscais e de Seguridade Social que delas se deriven.

[Bases Bop] – [Formulario]

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close