fondo-concello-inicio

Saúdo da Alcaldesa

Concello

SAÚDO DA ALCALDESA

María Lago Lestón

Dende o Concello de Muros quero e queremos pór á disposición de toda a nosa veciñanza e das persoas que nos visitan esta páxina na que te atopas, coma unha ferramenta útil e complementaria na prestación de servizos.

Pretendemos con ela mellorar a accesibilidade á información e á comunicación coa administración,así como,a transparencia e a participación da veciñanza na vida municipal. Unha porta máis ao que pretendemos que sexa un municipio totalmente aberto á cidadanía.

Aquí poderás ver a transformación que impulsa o equipo de goberno para mellorar a calidade de vida do noso concello, poñendo as persoas no centro de toda actuación, para afrontar xuntas os retos que o tempo no que vivimos nos presenta, e abordando xuntas cuestións veciñais, económicas, culturais, educativas, lingüísticas, sociais e ambientais dende unha perspectiva municipal, para así asentar o cambio cara a un mundo máis xusto, igualitario e respectuoso.

Eu como alcaldesa, e en nome de todo o goberno municipal, asumo con inmenso orgullo e honra traballar por e para o concello no que vivo, no que teño as miñas raíces e onde quero que medren as miñas pólas.

Fico e ficamos sempre á vosa disposición!

María Lago Lestón

Alcaldesa do Concello de Muros

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close