INFORMACIÓN | Reanudación do prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo de auxiliares de axuda no fogar

Segundo o establecido no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, (BOE número 145 do 23 de maio de 2020), con efectos do 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos polo estado de alarma reanúdanse.

Polo tanto, o prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de traballo de persoal laboral temporal de auxiliares de axuda no fogar publicado no BOP núm. 50 do 13 de marzo de 2020, remata o próximo 15 de xuño de 2020.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close