O Concello de Muros publica os horarios das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2026/2027, quedarán comezo durante o mes de outubro en diferentes instalacións deportivas e centros do municipio.
As persoas preinscritas poden consultar xa os grupos, horarios e lugares de realización das distintas modalidades deportivas ofertadas para este curso.
Consulta dos horarios
Os horarios completos poden consultarse na seguinte ligazón:
HORARIOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026/2027
Prazo de matrícula
O prazo para formalizar a matrícula estará aberto do 24 ao 30 de setembro de 2026.
A matrícula terá unha cota anual de 30 euros por cada escola deportiva.
O pagamento poderá realizarse:
Mediante ingreso ou transferencia bancaria na conta:
ES26 2080 5159 7830 4000 5242 (ABANCA)
Concepto: Nome e apelidos da persoa participante + nome da escola deportiva.
Con tarxeta bancaria nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Comezo das actividades
As actividades comezarán a partir do luns 5 de outubro de 2026, no día e horario asignado a cada grupo.
Máis información
Para calquera dúbida ou aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Muros.