Concello de Muros

Proxecto Aula Sostible dos Outeiriños

O Concello de Muros participa como socio beneficiario do proxecto Aula Sostible dos Outeiriños (Expediente PE155A-2024-000127) xunto con Adisbismur A Asociación de Mulleres Seo Fisterra Ría Muros Noia Costa Sostible co obxecto de promover un espazo de traballo colaborativo entre distintas entidades e institucións en prol da sensibilización do coidado do medio e do sector pesqueiro do territorio. 

O resultado do proxecto será un espazo de educación ambiental de todos e para todos .

O proxecto conta con unha axuda de 198.878,91€ sendo un 30% financiado pola Consellería do Mar e un 70% financiado polo FEMPA. Deste montante ao Concello de Muros correspóndelle unha axuda de 174.837,69€ (52.451,31€ Consellería do Mar e 122.386,38 FEMPA)

Concello de Muros