O Concello de Muros comeza as actividades do Programa Vida Activa +65 para o curso 2024/2025. A primeira actividade chámase Piscina Activa +65 e consiste en traballar a parte física no medio acuático.
Esta actividade terá lugar na Piscina Municipal de Muros. Existirán 2 grupos de 25 prazas cada un e será posible elixir entre acudir a actividade os luns ou os xoves en horario de 9:30h a 10:15h.
Terán preferencia as persoas maiores de 65 anos. As persoas que teñan menos de 65 anos estarán nunha lista de agarda e poderán participar na actividade de existir prazas dispoñibles.
Para inscribirse poden axudir as oficinas de Servizos Sociais ou chamando ao número de teléfono 981 762 465.