Prazas vacantes nos Obradoiros Culturais Municipais 2025/2026

O Concello de Muros informa que xa se poden consultar as prazas vacantes dos Obradoiros Culturais Municipais para o curso 2025/2026.

Período de inscrición: do 27 ao 30 de outubro de 2025
Lugar: Oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

As persoas interesadas poderán cubrir as prazas dispoñibles durante estas datas.
As inscricións realizaranse por orde de chegada ata completar os grupos.

Consulta aquí o listado completo de prazas vacantes: Prazas vacantes Obradoiros Culturais 2025/2026