PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural | Competencias clave nivel 2 e 3

A Deputación da Coruña, a través do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, abre o prazo para solicitar a inscrición para as accións formativas de Competencias Clave nivel 2 e 3.

Destinatarios/as

Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
  • Saber ler e escribir.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • Persoas desempregadas de longa duración (PLD).
    • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
    • Persoas maiores de 55 anos.
    • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
    • Persoas inmigrantes.
    • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
    • Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
    • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

 Documentación

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado  (descargar modelo na SEDE).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente. 

Axuda económica para as persoas participantes

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Solicitude

  • Na sede electrónica (precísase identificación dixital) ou presencial no rexistro do concello.
  • Prazo de presentación: Ata as 14:00 h do 5 de maio 2021.

Centros formativos: achégase documento coa relación de centros nos que está prevista impartir a formación.

Máis información na sede electrónica do concello ou no Servizo de Orientación Laboral (atención ao público en Muros os luns e martes)