ANUNCIO
Todos aqueles establecementos (autónomos ou empresas) interesados en contar cun posto para ofertar os seus produtos no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar”, deberán solicitalo segundo o modelo achegado.
O prazo para a presentación de solicitudes de “posto” será do 10 ao 24 de abril. As solicitudes deberán ser entregadas no Rexistro de entrada do concello de Muros ou presentadas na sede electrónica do concello, sede.muros.gal coa seguinte documentación:
- Planos e descrición detallada do establecemento/posto (decoración, cartelaría, produtos…)
- Planos da localización establecemento/posto (dimensións, localización nun plano, coordenadas…)
- Último recibo de pago de traballo autónomo (no caso de autónomos) ou último recibo de pago da seguridade social da empresa (no caso de empresas)
Insistimos na importancia de que durante os días das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” todos os establecementos da vila de Muros manteñan unha estética respectuosa coa celebración.
A alcaldesa do Concello de Muros