FORMACIÓN | Obradoiro dual de emprego “OE Portaventosa”

A Consellería de Emprego e Igualdade aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego a persoas desempregadas, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “OE Portaventosa”,

Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.  Está previsto que este obradoiro comece a mediados do mes de outubro deste ano.

O número de alumnos/as traballadores/as será de 20.

Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas desempregadas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego.

Especialidades:

Traballos de Carpintería e Moble

  • Os alumnos realizaran operacións con equipos de mecanizado para a fabricación de elementos de carpintería e moble, axustar e embalar produtos e elementos de carpintería e moble e colaborar na súa montaxe e instalación.

Aproveitamentos Forestais

  • Os alumnos realizaran as operación precisas para o aproveitamento dos produtos forestais, manexando os equipos, as máquinas e ferramentas en condicións de seguridade e saúde, aplicando criterios de calidade e de rendabilidade económica, respetando a normativa medioambiental e de prevención de riscos laborais. Para poder participar nesta especialidade o alumno debe de ter un nivel de cualificación profesional 2, ( titulación ESO, equivalente ou superior).

Calquera persoa interesada, poderá obter máis información chamando aos seguintes números:

  • Concello de Muros:    981 826 050
  • Concello de Carnota: 981 857 217

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close