OBRADOIRO DE EMPREGO | OBRADOIRO DE EMPREGO “FONTE DAS FORCADAS”

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acaba de aprobar o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego, promovido polos concellos de Muros e Carnota, denominado “Fonte das Forcadas”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Especialidades:

  • Traballos de carpintería e moble código MAMD0209 (10 alumnos/as)
  • Aproveitamentos forestais código AGAR0108 (10 alumnos/as)

A data prevista de inicio do obradoiro é o 6 de novembro de 2023. As persoas interesadas deberán solicitalo de forma presencial na Oficina de Emprego de Cee (con cita previa) ou a través da web https://emprego.xunta.gal  -> Oficina virtual -> Obradoiros de emprego.

A data límite para efectuar a solicitude será o 18 de outubro ás 14:00 horas.

Para máis información chamar aos teléfonos do Concello de Muros 981 826 050 ou no Concello de Carnota 981 857 032


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close