O Concello de Muros celebrará por primeira vez o “Día do Circo” da man de PistaCatro

O Concello de Muros vai celebrar por primeira vez o Día do Circo e quere facelo con todas/os vós. O espectáculo chega da man da compañía PistaCatro, galardoada co premio de Cultura de Galicia na modalidade de artes escénicas.

Qué é Petit Cabaré? Pois un produto para gourmets, a flor e nata, a crême de la crême. Goce os sketchs máis deliciosos, as maiores proezas condensadas, unha compilación de éxitos por parte de PistaCatro, the very best of, unha verdadeira antoloxía dos mellores momentos de tres artistas reunidos nun só volume.

Petit Cabaré trátase dun espectáculo multidisciplinar e variado a cargo de tres intérpretes que darán o mellor de si en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de achegar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

PistaCatro “Petit Cabaré” – Día do circo

| Sábado, 20 de abril ás 18.00 h
| Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
|  Público: A partir de 4 anos
| Clasificación: Circo
| Entrada: 3,50 €

| Reserva de entradas: https://forms.gle/fWT5k6eUbePvswMJ6