O CENTRO CULTURAL DE MUROS ACOLLE ESTE SÁBADO, 7 DE OUTUBRO, A RECÉN ESTREADA “DEADPAN KARAOKE”, DE IBUPROFENO

Día e hora: sábado 7 de outubro, 20:30 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros.
Actividade: Teatro – Ibuprofeno Teatro – “Deadpan Karaoke”.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

O sábado 7 de outubro, ás 20:30 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Deadpan Karaoke”, un espectáculo teatral fora do corrente, que explora a comedia e os seus límites dende unha perspectiva de xénero, abordando o tema do amor nesta sociedade; e no que o público tén un papel protagonista.

Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra).

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.

A protagonista absoluta da peza é a actriz Marián Bañobre, que baixo a dirección de Patricia Rodríguez, da vida a un espectáculo moi participativo que transita do real ao onírico e combina artes coma a música, o cine, a danza e o audiovisual. Un espectáculo moi participativo. Hai moita actividade, pracenteira, na que o espectador se vai sentir cómodo, a gusto, e mesmo coa posibilidade de cantar.

A protagonista da peza emprende unha viaxe en busca do sentimento, dando vida a unha personaxe inexpresiva e ao seu alter ego, una vistosa muller de vermello que personifica todo o que aspira a ser. 

Ibuprofeno Teatro estreou ‘Deadpan Karaoke‘, a súa décima produción, o pasado sábado na Estrada. É a súa primeira montaxe cunha directora convidada, Patricia Rodríguez, que desenvolve a súa carreira entre Asturias e Londres. Marián Bañobre, a protagonista, recupera o seu papel de clown e preséntanos cuestións que dan que pensar, colocando ao espectador nun karaoke que transita do real ao onírico, do cine á vida a través da música e da sorpresa.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://buff.ly/3tbV8z7.

A concelleira de cultura de Muros, Caridad González, e todo o equipo de goberno, anima a todas as persoas de Muros a gozar con unha nova sesión de teatro, a primeira desta tempada. Nesta ocasión unha obra cómica, a vez que reflexiva e participativa; aproveitando para explicar que nesta tempada a programación de adultos se adiantará media hora sobre o que viña sendo habitual, pasando a ser o comezo dos espectáculos ás oito e media.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close