O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros celebra o Día do Circo co espectáculo “Varietés” de Pistacatro

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros súmase á celebración do Día do Circo cunha proposta pensada para todos os públicos. O sábado 25 de abril ás 18.00 horas terá lugar o espectáculo “Varietés”, da compañía Pistacatro Produtora de Soños.

A proposta presenta un espectáculo de variedades que percorre a historia do circo a través de diferentes disciplinas como as acrobacias, os números aéreos ou os malabares, nun formato dinámico e accesible que combina tradición e contemporaneidade.

“Varietés” convida ao público a achegarse ao universo do circo desde unha perspectiva lúdica e participativa, reivindicando esta disciplina como unha das artes escénicas máis completas, capaz de integrar habilidade técnica, creatividade e emoción.

concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a continuidade desta iniciativa: “Celebramos o Día do Circo por terceiro ano consecutivo no noso auditorio, consolidando esta cita dentro da nosa programación cultural. Apostamos por propostas como esta, que achegan o circo a todos os públicos e poñen en valor esta disciplina artística”.

As entradas están xa á venda e poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.