MÚSICA | Chega a Muros o intérprete internacional Soul Teller. Sábado 15 no Centro Cultural

SOUL TELLER
Contando Historias da Alma
Sábado 15 de Abril. Centro Cultural Muros, 21 horas
Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
Reservas: https://forms.gle/DytJgD5bT4Zs8Rxi9

Celebrando o seu aniversario de máis de tres décadas compondo e cantando Soul, Rock, R&B, Funk…dentro e fóra das nosas fronteiras. Reinando na década dos 90 coma un dos pioneiros do Soul en España coa súa banda The Cool Jerks con 12 álbums no mercado, con grande éxito de público e crítica.

Despois de ter compartido escenario con figuras coma Percy Sledge, Bonnie Tyler, Dr. John, Paul Carrack ou Solomon Burke entre outros e ter conseguido gravar cos lendarios produtores Willie Mitchell (Al Green, Aretha Franklin, Rod Stewart, Joe Cocker) ou Lawrence “Boo” Mitchell (Bruno Mars).

Dende Londres, o seu lugar de residencia habitual, Miguel Angel Julián, ou o que é o mesmo, Soul Teller ( narrador de historias da alma) embárcase en xira co seu proxecto electro acústico, con grandes músicos arroupando. A súa nova colección de cancións foron gravadas entre Memphis (Royal Studios) e Madrid (El Escondite Studios), producido por dous magníficos produtores: en Memphis, Lawrence “Boo” Mitchell, fillo do lendario Willie Mitchell e gañador dun Grammy como produtor; e en España, Kike Eizaguirre. Neste show, o feeling, a diversión e a interacción co público están garantidas.

Dende Memphis, Lawrence “Boo” Mitchell dixo sobre Soul Teller:
“…non só tén esa voz para cantar as súas grandes cancións, ademais é un grandísimo músico cargado de alma sureña que me deixa preguntándome como é posible que teña tanto Soul de Memphis no seu corazón vindo dende Europa…”

Soul Teller quere apoiar tamén aos músicos locais, interactuando no show, facendo o espectáculo aínda máis interesante, polo que convidará ao escenario a músicos e coros infantís e sénior da localidade de Muros. Será unha auténtica festa. O concerto será gravado e retransmitido en diferentes espazos nacionais e internacionais posteriormente.
¡Non hai audiencia que se lle resista! declara o locutor Jesús Ordovás.

Este concerto está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, está feliz de poder programar na nosa localidade un músico da talla de Soul Teller e anima a tódalas persoas de Muros a colaborar nesta festa que terá lugar o vindeiro sábado no auditorio do centro cultural.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close