O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, a xornada “Cultura para todas”, organizada pola Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito.
A actividade ofrecerá unha aproximación práctica á accesibilidade cultural, abordando cuestións relacionadas coa accesibilidade cognitiva, sensorial e física en proxectos e espazos culturais.
A xornada contará coa participación de Rubén Capelán, Aitana García e Fran Carreira, profesionais especializados neste ámbito, e incluirá tamén un espazo final para consultas e intercambio de experiencias.
A participación é gratuíta, previa inscrición a través da web aculturaeundereito.gal.
Data: Martes, 22 de setembro
Horario: De 10:00 a 14:00 h
Lugar: Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Inscricións: aculturaeundereito.gal
