Venres, 18 de outubro ás 20:30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Prezo: 2,50 €
Público: +16 anos
Duración: 70 min
Reservas: https://buff.ly/4003pVo
Tamén podes reservar e comprar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.
Sobre “Vacas, Guerras, Porcos e Cregos”:
Quico Cadaval regresa aos escenarios para contar historias inesquecibles que mesturan vacas, curas, porcos, militares e veciñanza, todo aderezado co seu estilo único de narración. Este espectáculo de teatro da palabra transportaranos a un mundo de sucedidos cómicos e fantásticos, co humor e a imaxinación como protagonistas.
Non perdas a oportunidade de vivir unha noite chea de historias fascinantes e divertidas da man dun dos grandes contadores de historias de Galicia!