Concello de Muros
- | 981 826 050
- | alcaldia@muros.es
-
| Concello de Muros
| Curro da Praza, 1
| 15250 Muros
Mariña Tradicional de Muros: Mar de Velas
O proxecto presentado, trátase dun proxecto non produtivo no que participan o concello de Muros (socio coordinador), a Asociación Cultural Mar de Muros, a Asociación Cultural A Canle de Lira e a Asociación de Veciños A Ostreira, que consiste en liñas xerais en seguir dotando de recursos o proxecto Mar de Vela, para continuar coa súa labor de mantemento e divulgación da navegación tradicional, neste caso dotar de sinais a través de paneis informativos sobre os recursos dispoñibles do proxecto Mar de Velas e a creación dunha páxina web, como outro elemento máis de información e proxección de contido ao exterior.
Principais obxectivos do proxecto:
Creación da Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas, compatible co obxectivo específico de “Fomento do benestar social e do patrimonio cultural pesqueiro acuícuola e marítimo”.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Preténdese mateiralizar a Mariña Tradicional de Muros como un conxunto de infraestruturas en terra e mar, xunto cun programa de actividades e un plan de comunicación, divulgación e xestión, que permita albergar a flota tradicional das tres asociacións participantes de xeito activo e dinámico ofrecendo servizos á comunidade, e en colaboración estreita coa programacións de actividades e oferta turística do concello de Muros. O proxecto servirá de plataforma para o desenvolvemento de actividade cultural e de lecer (formación en vela tradicional ou oficios tradicionais como mantemento de barcos de ribeira).
Principais actividades do proxecto:
A Mariña Tradicional de Muros – Mar de Velas estará integrada por un pantalán no porto de Muros, que conta con amarres, tomas de auga e luz, e rampla de acceso con portal.
Esta infraestrutura será un espazo físico que servirá de base a unha programación de actividades arredor das embarcións tradicionais que son propiedade das tres asociacións, e que consistirá en visitar guiadas, cursos de navegación tradicional ou bautismos de mar, outro tipo de obradoiros (carpintería de ribeira ou outros), xornadas técnicas ou formativas, navegación inclusiva, outras actividades en terra ou mar, xuntanzas de embarcacións tradicionais, actividades de divulgación, actividades colaborativas con colectivos diversos (mocidade, sector pesqueiro, sector hostaleiro…..).
O groso da actividade de dinamización correrá a cargo das asociacións Mar de Muros, A Canle e A Ostreira, en colaboración co concello de Muros, que participará de xeito preferente na conformación da programación anual de actividades, así como na xestión e promoción local e turística do proxecto.
No futuro completarase o proxecto con instalación en terra que permitan crear un centro de visitantes e actividades relacionadas coa actividade cultural e náutica tradicional.