Debido á alta demanda rexistrada nas Escolas Deportivas de Taekwondo e Ximnasia Rítmica, ábrese un prazo para anotarse na lista de agarda destas actividades.
As persoas interesadas poderán inscribirse do 13 ao 16 de outubro, en horario de 9:00 a 13:00 horas, na Piscina Municipal de Muros. A inscrición poderá realizarse de forma presencial ou chamando ao teléfono 981 82 69 66.
Lémbrase que a inscrición na lista de agarda non garante a obtención dunha praza, senón que as persoas anotadas serán contactadas por orde de inscrición no caso de que se produza algunha baixa ao longo do curso.
