BANNER-LAVUELTA-2020

CONCELLO

Etapa 13 | Muros – Miradoiro do Ézaro. Dumbría (CRI)
03/11/2020 – Etapa 13 – 33,7 km – Contrarreloxo individual

Muros será punto de partida dunha crono chea de incógnitas e cun percorrido de 33,7 km. Será unha etapa para especialistas nun terreo chan que discorrerá á beira do mar, con vento previsiblemente de fronte. Os contrarreloxistas partirán cunha gran vantaxe con respecto aos escaladores. A subida final ao miradoiro do Ézaro (1,5 km) podería favorecer os cambios de bici: de contrarreloxo a “carretera”.

+ Info: https://www.lavuelta.es/es/etapa-13

NOVAS E BANDOS

DEPORTES | Nas seguintes ligazóns podes volver a ver a retransmisión da etapa Muros – Miradoiro do Ézaro. Dumbría – Etapa 13 03/11/2020

La Vuelta – Muros > Miradoiro do Ézaro. Dumbría – Etapa 13 03/11/2020 (martes) – 33,7 km – CRI Nas seguintes ligazóns podes volver a ver a retransmisión da etapa de onte de RTVE: Teledeporte ➡️ https://www.rtve.es/alacarta/videos/vuelta-ciclista-a-espana/vuelta-ciclista-espana-2020-13-etapa/5703575/ La 1 ➡️ https://www.rtve.es/alacarta/videos/vuelta-ciclista-a-espana/vuelta-ciclista-espana-2020-13-etapa-muros-mirador-ezaro-dumbria-2/5703647/

BANDO | Bando municipal sobre as limitacións durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

Prezadas veciñas e veciños, O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo 3 de novembro a vila de Muros será lugar da saída da 13ª etapa da La Vuelta España 2020 que rematará no miradoiro do Ézaro, un acontecemento único que suporá unha repercusión mediática a nivel mundial. Ademais, esta etapa terá…

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN

CONSELLOS E MEDIDAS

DATOS DA PROBA

Día

martes

Data

3 de novembro de 2020

Lugar da saída

zona da lonxa vella de Muros

Horario do corte AC550

(dende a rotonda da Tremenda dirección Cee)

de 11.00 h a 18.00 h

Horario da saída

 

1º corredor

13.33 h

Último corredor

16.39 h (pode variar)

Frecuencia de saída dos corredores

cada 1 minutos

Saída dos 20 últimos corredores

cada 2 minutos

Número da etapa

13ª

Tipo de etapa

contrareloxo individual

Quilómetros

33,7 km

Etapa anterior

Pola de Laviana – Alto L’Angliru (Asturias)

Día anterior

xornada de descanso

Etapas que resten cando finalice

5


COMO VECIÑO/A #LaVuelta20EnCasa

  • Non acudas á liña de saída, quédate na túa casa e segue a etapa pola televisión.
  • O obxectivo é evitar calquera tipo de aglomeración de público ao redor do evento.
  • Organiza o uso do teu vehículo con antelación.
  • Cumpre as medidas de seguridade en todo momento, de todas as persoas depende que a actividade sexa un éxito.
  • Os aparcamentos máis usuais da vila de Muros non se poderán usar.
  • As zonas de aparcamento prohibido (ver plano) comezarán a desafectarse/baleirarse dende as 20.00 h do sábado 31 de outubro.
  • Consulta os lugares nos que podes estacionar o vehículo, o plano e os tipos de zona de aparcamento (dinámicas e estáticas).
  • Se tes que desprazarte o 3 de novembro, planifica a túa viaxe con antelación e ten en conta que a estrada AC 550 estará pechada ao tráfico de 11.00 h a 18.00 h dende o punto quilométrico 42,0 (rotonda da Tremenda) en dirección a Cee.
  • O paso pola estrada que vai de Muros – Miraflores – Alivía – ata o parque empresarial de Serres só se usará por causa de forza maior e para cuestións imprescindible e necesarias.

COMO ESPECTADOR/A

  • Campaña de sensibilización, QUÉDATE NA CASA #LaVuelta20EnCasa

Moi ao noso pesar, temos que pedirche que debido á crise sanitaria pola COVID19 te quedes na casa e sigas a etapa pola TV, co obxectivo de evitar aglomeracións nos puntos clave de seguimento da etapa.

MEDIDAS COVID19

  • Evita todo tipo de aglomeracións
  • Usa obrigatoriamente a máscara
  • Está prohibido pedir autógrafos aos corredores
  • Está prohibido facerse selfies cos corredores
  • Mantén a distancia interpersoal de 2 metros
  • Hixienízate frecuentemente as mans
  • Recomendamos a instalación no teu móbil da app Radar COVID e passCOVID

PREGUNTAS FRECUENTES

Dende que hora estará pechada a AC 550?

A AC 550 pecharase ao tráfico de 11.00 h a 18.00 h dende o punto quilométrico 42,00 (rotonda da Tremenda) en dirección a Cee.

Que tramo da AC 550 estará pechada?

A AC 550 estará pechada ao tráfico dende o punto quilométrico 42,00 (rotonda da Tremenda – Muros) ata o desvío da subida ao miradoiro do Ézaro.

Podo desprazarme pola AC 550 dirección a Santiago de Compostela nese día?

Si.

Antes das 11.00 h do 03/11/2020 sen restricións.

Dende as 11.00 h e ata as 18.00 h do 03/11/2020, sempre que teñas estacionado o teu vehículo nalgunha das zonas de estacionamento consideradas como “dinámicas” (parque empresarial, centro de saúde/piscina e Muíño de Mareas do Pozo do Cachón).

Podo desprazarme pola AC 550 dirección Cee (Louro) nese día?

Si.

Antes das 11.00 h do 03/11/2020 sen restricións.

Dende as 11.00 h e ata as 18.00 h do 03/11/2020

    • A Louro: en transporte-lanzadeira dende o parque empresarial
    • A Cee: pola AC 400

Podo desprazarme pola AC 400 dirección á Coruña nese día?

Si.

Antes das 11.00 h do 03/11/2020 sen restricións.

Dende as 11.00 h e ata as 18.00 h do 03/11/2020, sempre que teñas estacionado o teu vehículo nalgunha das zonas de estacionamento consideradas como “dinámicas” (parque empresarial, centro saúde/piscina e Muíño de Mareas do Pozo do Cachón).

Onde teño que estacionar o meu vehículo?

Nos lugares que aparecen no plano (lugares de estacionamento) sendo o máis conveniente que deixes o teu vehículo no parque empresarial de Serres. Alí, contarás co servizo de transporte-lanzadeira ata as proximidades da vila de Muros.

Que pasa se ese día teño que vir traballar a Muros?

Se vés dende Santiago de Compostela ou dalgún lugar desa dirección deberás deixar o teu vehículo no parque empresarial de Serres e usar o servizo de transporte-lanzadeira.

Se vés dende Cee ou dalgún lugar desa dirección deberás deixar o teu vehículo no parque empresarial de Serres e usar o servizo de transporte-lanzadeira.

Onde podo aparcar?

As zonas habilitadas para aparcar son as seguintes (ver plano):

Zonas dinámicas: poderás mover o teu vehículo entre as 11.00 h e as 18.00 h.

    • Parque empresarial de Serres
    • Muíño de Mareas do Pozo do Cachón
    • Zona da piscina municipal e centro médico

Zonas estáticas: non poderás movelo dende as 11.00 h ata as 18.00 h:

    • Zona do Cabo (lugar próximo ao restaurante A Esmorga)
    • A Vouga
    • San Francisco
    • Ancoradoiro
    • Pavillón de Miraflores
    • Cemiterio da Atalaia

Dende cando non podo aparcar o meu vehículo na zona portuaria de Muros?

Zona vermella
Dende: ás 20.00 h do sábado 31 de outubro
Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro
Zona: porto de Muros

Zona laranxa
Dende: ás 20.00 h do luns 1 de novembro
Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro
Zona: estrada Miraflores, rúa Alameda, rúa Real, avenida Castelao, rúa Cabo, campo da Lúa… (ver mapa)

Podo saír do lugar onde teño estacionado o vehículo o propio día da etapa?

– Ata as 11.00 h do 03/11/2020: sen restricións

– De 11.00 h  a 18.00 h do 03/11/2020:

Zonas dinámicas de estacionamento: si

Zonas estáticas de estacionamento: non

Se quero acceder á miña embarcación, podo acceder ás zonas portuarias de Muros?

Non, só as persoas autorizadas.

Cal é a frecuencia do bus lanzadeira que sae do parque empresarial de Serres (rotonda de Ventín)?

O 3/11/2020 dende ás 7:15 h.
Frecuencia: cada10 minutos aprox.

En que lugares fará parada o transporte-lanzadeira?

Saída dende o parque empresarial de Serres (rotonda de Ventín) e parada no Centro de Día de Muros, se houbese demanda, tamén poderá ir ata Campo de Cortes e Louro.

PLANOS E MAPAS

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close