O IV Ciclo Universitario é o programa de formación específico para alumnos e alumnas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada.
Data de inscrición do 13 de abril o 11 de maio do 2021.
Prazas limitadas.
Lugar de celebración: Servizos Sociais
Lugar de inscrición: Oficinas de Servizos Sociais. R/ Rosalía de Castro s/n
Teléfono: 981 762 465
18/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC e investigadora da USC.
19/05/2021 16.30 – 18.00 h
Sesión práctica: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC e investigadora da USC.
20/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: Contribucións do ocio ao envellecemento activo.
Dna. Cristina Varela Portela, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Jesús García Álvarez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC
21/05/2021 16.30 – 18.00 h
Obradoiro práctico de análise do envellecemento activo a través do lecer.
Dna. Cristina Varela Portela, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Jesús García Álvarez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
24/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: O Gótico Mariñeiro.
D. Victoriano Nodar Fernández, Prof. Colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.
25/05/2021 16.30 – 18.00 h
Visita ás igrexas de Santa María do Campo e Santa María do Camiño.
D. Victoriano Nodar Fernández, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.