INFORMACIÓN | Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto

O Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, solicítanos a difusión do Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto, promovendo así, espazos de colaboración entre as dúas institucións.

Este proxecto que se puxo en marcha no ano 2015 e que, desde entón, non fixo máis que medrar, ten como obxectivo principal ofrecer aos cidadáns un servizo orientador de calidade, absolutamente gratuíto na súa fase consultiva, nas materias nas que os Graduados Sociais somos especialistas: laboral, xurídico laboral e de seguridade social.

Este servizo é prestado polos Colexiados/as Exercentes de forma totalmente voluntaria e altruísta, mostrando desta forma, unha vez máis, o espírito de colaboración e aceptación da “Xustiza Social” á que representamos.

Achegamos cartel e tríptico, para a súa difusión, así como ligazón onde poden atopar toda a información deste servizo.

Cartel

Tríptico


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close